Os alumnos de 6º B asistiron a unha charla de educación vial impartida pola policía local de Vigo. Nestas charlas búscase que os nosos alumnos cando circulan como conductores dos seus vehículos, bicletas, o fagan de forma segura para eles mesmos e para os demais usuarios das vías públicas.
Nas charlas os alumnos comentan as súas vivencias como usuarios de vehículos e peóns, preguntan dúbidas e mesmo comproban a correcta colocación de elementos de seguridade como o casco.
Os alumnos con estas charlas deixamos de ver a bicicleta como un xoguete e empezamos a ver un vehículo que nos ofrece unha mobilidade respectuosa co medio ambiente.