0f4ba213_1754_4355_9cd3_a768e6892a7e.jpeg

Repoboando o Monte da Sobreira

Marta Escobar

Os alumnos de de primaria puideron visitar onte os Montes de Valadares. Alí coñeceron de primeira man a realidade dos montes e colaboraron na repoboación do bosque.

Saímos ben cedo do colexio, para desprazarnos en autobús aos Montes de Valadares. Realizamos primeiro un breve percorrido no que puidemos analizar o precioso enclave no que nos atopabamos. Tamén nos deron unha breve explicación sobre as especies arbóreas que destacaban naquel lugar. Estabamos no Monte da Sobreira, polo que, evidentemente eran sobreiras o que nos dispoñíamos a plantar.

A continuación, gozamos dunha rica merenda para, un pouco máis tarde, pasar a plantar por parellas as sobreiras, actividade que lles encantou. 

Queremos agradecer á Comunidade de Montes de Vigo permitirnos replantar unha parte do monte, e levar a cabo esta visita tan interesante. Estamos a desexar volver e comprobar todo o que creceron as nosas pequenas árbores!

Educación Primaria

accion_social.png

Canal de noticias de Educación Primaria

dscf6721.jpg